Duelo de acordeóns interxeracionais en Muxía

Moitos lembramos aquela máxica noite con Kepa Junquera e Pazos de Merexo no Couto a golpe de acordeóns. Pois os bos de Pazos de Merexo, xa preto dos 90 anos, e de Xurxo Souto, terán desta volta un contrincante aínda máis perigoso que o vasco. O pequeno Manuel Pazos, desta volta, será o "rival" no Duelo de Acordeóns que preparan no Rincón da Baiuca para o vindeiro venrs 16 de agosto.

Vemos pois que a canteira está máis que asegurada e que a música ten moito de herdanza. Estaremos pendentes a este pequeno Manuel, que promete moitas alegrías musicais a toda a Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).