Máxica noite con Kepa Junkera e Pazos de Merexo no Couto

10:00 17/12/10

Un repaso á historia da música vasca
Moitas cousas e cun humor espléndido deleitounos Kepa. Falou da súa familia, do seu aitona (avó) músico, da súa ama (nai) bailarina, e de cómo o foron metendo na música tradicional dende os 8 anos. Ademais puidemos repasar a historia da música vasca a través dos instrumentos máis tradicionais. Que se a alboka, que se o arin arin que se a txalaparta, que se a propia pandeireta (a que se move é a man libre en Euskadi, non a da pandeireta), que se o txistu… ata chegar a trikitixa, o acordeón en eukera, instrumento relativamente novo (de finais do séc.XIX) pero que arraigou moito no país euskaldún. Aquí deixamos un par de demostracións tanto coa txalaparta, na que participou o batería láxense Tom Bello (batería dos Centroles), e por certo o fixo de marabilla (vémolo nunha foto); como coa alboka, que semella o son da gaita, pero como son vascos non precisan fuelle, bromeou.Apoteose final
Kepa tocou varios temas primeiro só, incluídos algúns dos seus máis coñecidos. Logo foi o turno de Pazos, ao que Kepa se amosou encantado de seguir. Xurxo Souto, ademais da súa armónica labia, atreveuse a tocar ao carón do mestre vasco e sacou unha peza do seu acordeón diatónico. Pero antes do remate, Kepa tiña unha nova sorpresa. Xa avisara: “esto de tocar só o bo que ten é que podes facer o que che dea a gana”. E así foi e a improvisación tomou a sala… Para rematar só cómpre facer unha mención especial á Fundación Eduardo Pondal, e a todo o mundo cultural da comarca costeira de Bergantiños. O seu traballo en prol da recuperación tradicional, do espallamento cultural e da difusión das nosas raíces, faise cun sentido global que lle dá sentido se cadra máis intenso a cada actividade desenvolta. Gracias por dinamizar deste xeito a bisbarra e de servir de exemplo para o resto da Costa da Morte.Máis información
- Resumo da Carballeira 2010.
- Vimeo: Kepa Junquera con Budiño na Carballeira de Zas 2010.
- Noite Sonora para os festivaleiros da Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).