Familias de Muxía protestan polos problemas de horarios na Galiña Azul

Varias familia da Escola Galiña Azul de Muxía veñen de lanzar unha protesta polas carencias na escola infantil da Galiña Azul. Unha escoliña á que acoden 20 crianzas e que conta habitualmente con 4 mestras, pero que ultimamemente está a ter problemas.

Onte as familias recibían unha mensaxe a primeira hora da mañá de que non se podía abrir a escoliña ata as 10:00h porque só habia unha profesional. Xa non é a primeira vez que acontece, provocando un tremendo problema de conciliación para as familias, que piden solucións reais de urxencia.