A glorieta do Parador de Lourido estará operativa, por fin, para a Semana Santa

Comitiva provincial na rotonda do Parador

Arrincaron aló polo outono, estiveron paradas durante varios meses arredor do nadal, pero finalmente poderán estar operativas para unha das temporadas altas do turismo na comarca. 

A rotonda da DP-5201, que une a cabeceira municipal con Touriñán e que serve de acceso ao Parador de Lourido, estará operativa na Semana Santa.

Anunciouno o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, que esta mañá comprobou “in situ” o resultado dos traballos xunto ao alcalde, Iago Toba, e á deputada de Infraestruturas Viarias e Obras, Mónica Rodríguez. A execución do proxecto, adxudicada por 404.295,82 euros, incluíu a construción dunha rotonda para regular o tráfico na intersección coa estrada municipal que comunica os lugares de Serantes, Cartel e O Vilariño, nas inmediacións do propio Parador. Con ela dáselle solución ao problema de seguridade viaria que existía no antigo cruce, en forma de T.

Proximamente, completarase tamén a instalación de iluminación na rotonda.