Interceptan 4.000 kilos de cocaína que entraban por Muxía

Planeadora de descarga atopada en Muxia

Eran 4.000 kilos de cocaína os que ían entrar na Costa da Morte a pasada madrugada, pero a Policía Nacional en colaboración co Servicio de Vixilancia Aduanera, interceptaba ao operación. Se a semana pasada, a CIG falaba daCosta da Morte como o novo porto de entrada da droga en Europa, os datos refrendan a tese.

Unha lancha rápida de 6 motores, cargada con 122 fardos de cocaína, estaban descargando a droga en terra firme logo de que a Policía localizara a lancha a 10 millas da praia de Arnela, preto de Loureiro, no concello de Muxía.

Os tripulantes, ao seren descubertos, abandonaron a mercancía e emprenderon a fuxida cara o sur. Pararon na zona ribeirense de Aguiño, onde queimaron a embarcación.

Os fardos tiveron que ser recollidos da mar por mor da forte oleaxe.

Fonte