José Luís Santiago Alvite relevará a edil Rosario González Lema no PP muxián
O grupo municipal do Partido Popular de Muxía comunicou hoxe a través da súa voceira, Sandra Vilela, que Rosario González Lema deixará a súa acta como concelleira de formación popular por motivos laborais.
Os populares comunicaron tamén que será José Luis Santiago Alvite o que ocupará o seu lugar como integrante do grupo en canto
tome posesión no próximo pleno local.
Vilela aproveitou a acasión para agradecer o traballo realizado ata a data por unha compañeira á que cualificou de “traballadora” e “moi comprometida” co seu labor á hora de traballar pola veciñanza de Muxía.
“Déixanos como concelleira, pero sabemos que poderemos seguir contando con ela para todo o que necesitemos porque vai seguir
estando aí para axudarnos en todo o que poida, aínda que agora sexa desde outra faceta”, afirmou Vilela, quen aproveitou para destacar a capacidade que Gonzalez Lema tivo sempre para “sumar” en beneficio do partido e de todo o Concello de Muxía.