Monstros, zombis, bruxas, pantasmas e demais figuras terroríficas, invadiron por Samaín o CEIP Vilarmide

Samain no CEIP VIlarmide-1 - 2
O alumnado de 1º e 2º do CEIP Vilarmide de Samaín

Xa vimos como foi o Samaín de monstros de Brens, hoxe queremos achegarnos ao CEIP Vilarmide, en Muxía, onde celebraron un Samaín ben singular.

Durante toda a semana o alumnado foi traendo unhas impresionantes cabazas feitas na casa. E ao longo do mércores, dende primeira hora, desembarcaron dos autobuses monstros, zombis, bruxas, pantasmas e demais figuras terroríficas. Os alumnos dedicaron a mañá a facer actividades relacionadas co Samaín e escoitaron unha presentación sobre as orixes do medo no ser humano. Acabaron lembrando, a lenda da Santa Compaña, que moitos rapaces novos descoñecen.

Os Premios

Salma Rodríguez levou o premio ao disfraz máis terrorífico e Samuel Fdez ao máis elaborado 

Na tarde houbo o reparto de premios: Tod@s os alumn@s que participaron recibiron un pequeno agasallo. Ademais diso houbo 3 premios para os disfraces e 3 para as cabazas. Para participar, só había que cumprir 2 condicións: que foran feitos na casa e que non levaran plástico. Os premios foron por votación popular, pero a decisión foi moi difícil.

Sofía Paz, Lucía Senlle e Lucía Pazos os Premios Samain do CEIP Vilarmide
Xiana Leira, que disfrazouse da profe Luisa, que dá moito medo, levou o premio máis orixinal