Laura Suárez apréndelle a facer monstros por Samaín ao alumnado de Brens
Este mércores 30 de outubro, nos centros de ensino Brens e Pereiriña hai unha festiña celebrar o Samaín con disfraces, xogos grupais e individuais, bailes e chucherías para tod@s.
Pero o Samaín xa comezou na xornada deste martes nos centros ceenses. O alumnado de 3 a 7 anos do colexio de Brens e da Escola de Educación Infantil de Pereiriña, puideron gozar dun Obradoiro de deseño e debuxo de Monstros dirixido pola ilustradora e escritora Laura Suárez, premio Castelao de Banda Deseñada neste ano 2024.
A ilustradora, veciña da comarca, realizou un Obradoiro dirixido a alumnado de 3 a 7 anos do colexio de Brens e da Escola de Educación Infantil de Pereiriña que se desprazou ata Brens para participar.
Durante a mañá Laura ensinou a deseñar e debuxar monstros, todo o alumnado fixo o seu, os cativos entrevistaron a Laura e asinou varios exemplares dos seus libros que xa tiñamos no colexio como os 3 exemplares de "Monster Support Group" moi adecuados para este tempo de Samaín / Halloween e outros como "Adiviñas para Enredar", "Alma de Violino" e "Monte Pindo"...