Muxía abre o prazo para solicitar a bonificación do IBI
23 de outubro de 2013 (08:26 h.)
O Concello de Muxía abre o prazo, ata o 25 de novembro, para que as persoas interesadas poidan, de acordo co establecido na ordenanza en vigor, solicitar bonificación do 95% da cota íntegra do Imposto de Bens Inmobles para aquelas “construcións nas que desenvolvan total e exclusivamente actividades agrarias, gandeiras ou pesqueiras pertencentes ao sector primario”.
Xunto coa solicitude, que se deberá presentar no Rexistro, deberán presentar a seguinte documentación:
- Certificado de Facenda no que conste a situación censal do solicitante.
- Acreditación da titularidade catastral do inmoble.
- Certificado de non ter débedas con Facenda (estatal, autonómica e local.
- Xustificante de recoñecemento da explotación ou licenza da actividade correspondente.