Muxía artella un programa cultural e deportivo para todos os públicos

Xa temos a programación cultural e deportiva do Concello de Muxía para os meses de outubro e novembro. Unha marea de Actividades socioculturais para todos os públicos:

Comeza a tempada da Escola Municipal de Teatro:

  • 11 de outubro: Teatro, O MÉTODO GRÖNHOLM con Talía, ás 21:00 horas.
  • 24 de outubro. TEMPO ESCURO, espectáculo de Paco Souto, Rosalía Fernández Rial e Serxio Moreira, ás 20:00h.
  • 25 de outubro: visita guiada aos secadoiros de congro, ás 12 h. (necesario inscrición previa).
  • 8 de novembro: visita guiada aos secadoiros de congro, ás 12 h. (necesario inscrición previa).
  • 15 de novembro. Magosto, coa actuación do grupo NI FU NI FA, a partir das 17:00 h no Polideportivo.
  • 22 de novembro: visita guiada aos secadoiros de congro, ás 12 h. (necesario inscrición previa).
  • 22 de novembro. Concerto de LÍRICA MEDIEVAL GALEGA, con soprano, arpa celta e zanfona
  • Conmemoración do 25 de novembro (por determinar).

Actividades deportivas

O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto a partir do luns 6 de outubro. As actividades deportivas comezan a partires do 15 de outubro.

  • Infantil: Fútbol Sala, Judo, Educación Física de Base, Patinaxe e Taekwondo
  • Adultos: Ximnasia de mantemento, Actividade física para persoas con problemas musculo esqueléticos e cardíacos.
  • Actividades non municipais (colaboración con asociacións): Ioga (ASOCIACIÓN DE IOGA), Step Infantil, Spining, Gap, Bodytonic, Musculación (XIMNAXIO BENSATAR), Zumba (ASOCIACIÓN VECIÑAL NOSA SEÑORA DO PILAR-SUXO) ,Xadrez (CLUB XADREZ CABO TOURIÑÁN) e Fútbol (CLUB DE FÚTBOL MUXÍA).

    Novas relacionadas

    Fonte

    • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).