Muxía artella un programa cultural e deportivo para todos os públicos

08:25 07/10/14

Xa temos a programación cultural e deportiva do Concello de Muxía para os meses de outubro e novembro. Unha marea de Actividades socioculturais para todos os públicos:
- Maiores con moita arte. Continúan en outubro e novembro os obradoiros artísticos para maiores de 60 anos.
- Curso de alfabetización dixital para mulleres estranxeiras “Hola Fabiola”. Continúa os meses de outubro e novembro.
Comeza a tempada da Escola Municipal de Teatro:
- 11 de outubro: Teatro, O MÉTODO GRÖNHOLM con Talía, ás 21:00 horas.
- 24 de outubro. TEMPO ESCURO, espectáculo de Paco Souto, Rosalía Fernández Rial e Serxio Moreira, ás 20:00h.
- 25 de outubro: visita guiada aos secadoiros de congro, ás 12 h. (necesario inscrición previa).
- 8 de novembro: visita guiada aos secadoiros de congro, ás 12 h. (necesario inscrición previa).
- 15 de novembro. Magosto, coa actuación do grupo NI FU NI FA, a partir das 17:00 h no Polideportivo.
- 22 de novembro: visita guiada aos secadoiros de congro, ás 12 h. (necesario inscrición previa).
- 22 de novembro. Concerto de LÍRICA MEDIEVAL GALEGA, con soprano, arpa celta e zanfona
- Conmemoración do 25 de novembro (por determinar).
Actividades deportivas
O prazo para inscribirse nestas actividades está aberto a partir do luns 6 de outubro. As actividades deportivas comezan a partires do 15 de outubro.
Actividades non municipais (colaboración con asociacións): Ioga (ASOCIACIÓN DE IOGA), Step Infantil, Spining, Gap, Bodytonic, Musculación (XIMNAXIO BENSATAR), Zumba (ASOCIACIÓN VECIÑAL NOSA SEÑORA DO PILAR-SUXO) ,Xadrez (CLUB XADREZ CABO TOURIÑÁN) e Fútbol (CLUB DE FÚTBOL MUXÍA).
Novas relacionadas
- As mulleres estranxeiras de Muxía dinlle Hola a Fabiola cun curso de alfabetización dixital.
- Muxía promove os singulares secadoiros de congro cun programa de visitas guiadas.