Muxía vólcase coa pintura, as manualidadaes e o teatro
Varia actividades culturais ofrece hoxe o Concello de Muxía. E comezamos polo teatro, pois esta longa ponte de San Xoán teremos varias representacións. O sábado 22 e o domingo 23, a Escola Municipal de Teatro de Muxía fará unha doble representación no Edificio de Servizos Múltiples. Toca a obra "O Crime de Aldea Vella", un espectáculo non recomendado para menores de 13 anos.
Ademais, o luns 24 repite a escola municipal para cunha nova obra, "O soado e dubidoso caso da casa da duquesa", desta volta ás 20:00.
Obradoiros de pintura e Manualidades
Ademais, xa está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros de pintura e manualidades para o mes de xullo. Os obradoiros estarán dirixidos a nenos e nenas de 5 a 12 anos escolarizados nos centros educativos do municipio muxián. No momento da inscrición se lles facilitará o calendario e horario dos obradoiros.
As prazas son limitadas e inscribirase aos rapaces por rigurosa orde de anotación, tendo en conta que hai que asinar a inscrición (non vale a inscrición por teléfono). A inscrición deberá facerse no Concello (preguntando por Viki Rivadulla), antes do 27 de xuño.