Luns. 29.04.2024
El tiempo

Unha viaxe en vídeo camiñando cara ó mar de Muxía

Unha viaxe en vídeo camiñando cara ó mar de Muxía
Varias imaxes dos videos Caminando cara o mar de Muxia

Levabamos un tempo desexando adicar a fin de semana a Muxía e ao seu proxecto Camiñando cara ó mar. Un proxecto que se presentaba en sociedade hai un mes, que pretende servir de dinamizador do sector turístico do Concello de Muxía.

Moita promoción turística dentro e fóra da zona, cursos de formación aos hostaleiros, un puntode información autosuficiente... son algunhas das propostas deste proxecto. Pero hoxe queremos traer varios dos audiovisuais que creou a campaña, que a verdade, son para disfrutar.

Entrevistas a persoeiros como Manuel Vilar, Xan Fernández Carrera, Xosé Búa, Chete Pose, Yoshiro Tachibana, Cherie Trillo, Alexandro... unha análise de por que Touriñán é tan emblemático con Jorge Mira... sendas viaxe pola artesanía, polo patrimonio a paisaxe muxiá, que tan máxica convirten a zona... o congro, o percebe e a gastronomía... 5 vídeos para degustalos. Aí vos van:





Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios