Novo accidente mortal en Muxía

Esta pasada noite de venres, falecía un home duns 68 anos nun accidente acontecido en Oruxo, na estrada de Vilariño a Muxía. Eran as 22:00h cando sufría unha saída de vía, e cando un particular alertaba ao 112 do accidente. Mobilizouse a ambulancia Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Cee, os membros de Protección Civil e a Garda Civil.

Pero a pesar dos esforzos dos efectivos de emerxencias e sanitarios, non puideron evitar o falecemento do condutor e único ocupante do vehículo.

Novas relacionadas