Martes. 19.03.2024
El tiempo

Falece un mozo mazaricán de 19 anos nun accidente entre un turismo e un tractor

Accidente mortal en Mazaricos
Falece un mozo mazaricán de 19 anos nun accidente entre un turismo e un tractor

Tráxica mañá esta de venres 18 de setembro tralo falecemento dun mozo de 19 anos, natural do lugar de Asenso, Mazaricos. O sinistro acontecía arredor das 7:30h da mañá, cando o turismo alcanzaba unha maquinaria agrícola na DP-3404 (a estrada que une Mazaricos e Dumbría, no punto quilométrico 19,500 (termo municipal mazaricán.

Os  Bombeiros do Xallas acodiron para liberar á persoa, xa falecida, e tamén actuaron os membros do GES de Muros en colaboración cos bombeiros do parque de Santa Comba.

Comentarios