O BNG de Muxía critica a actitude de "prepotencia" e "clientelismo" do alcalde
30 de novembro de 2010 (07:10 h.)
Problemas coas obras do POS nos Muíños
O proxecto da Depuradora dos Muíños está tendo problemas legais. Uns problemas que aseguran dende o grupo opositor, que xa llos avisaran no Pleno do 15-01-2010. Denuncian así que o "alcalde é o único responsábel de que o núcleo de Os Muíños non conte aínda cun equipamento tan necesario". Explican que a EDAR está localizado en Solo Rústico de Protección Agropecuaria onde, antes da última reforma da LOUG (que entrou en vigor o 21 de abril de 2010), non se permitía este tipo de uso e non respecta os 5 metros de separación a lindeiros á que obriga a lei". Ademais, "o goberno municipal decidiu variar o proxecto e instalar un coxenerador de biogás de 9,20 metros de altura que supera o máximo de 7 metros neste tipo de solo. Contan dende o BNG, que a propiedade colindante informou destas irregularidades ao concello e, ao seren denegadas as súas alegacións e non producirse ningún tipo de negociación, denunciou os feitos ante os tribunais. A resposta do alcalde foi a de ameazar cunha expropiación, inxusta e de moi dubidosa legalidade, incluída na orde do día do Pleno do 8 de novembro, que foi finalmente retirada a petición do BNG."Clientelismo"
Ademais o grupo opositor denuncia ao propio alcalde de "clientelismo" á hora decidir as obras que van no POS 2011. O BNG afirma que buscaba consensuar este Plan entre as tres forzas políticas do Concello. Dende o BNG pediron incluir varias obras solicitadas pola veciñanza: asfaltado dunha pista en Ozón e outra en Morquintián e arranxo das rúas interiores de Os Pasantes. Mais segundo o BNG, o Alcalde negouse a incluir a pista de Morquintián e as rúas interiores de Os Pasantes aínda que si incluiu outras de nulo interese xeral que só podemos entender como agasallos preelectorais que benefician a uns poucos. Así, o Pleno aprobou as obras que propuña o Concello, coa abstención do BNG, iso si, para que non se perderan os investimentos.Novas relacionadas
- O BNG encontrouse co sector pesqueiro en Malpica de Bergantiños .
- A mocidade da Costa da Morte revírase contra a violencia de xénero.
Fonte
- Nota de prensa da man de Ánxeles Sánchez Mancebo, Concelleira e portavoz do BNG de Muxía.
- Fotografía de Marcos Rodríguez.