O congro volve unir Muxía e Calatayud

Entre os días 24 a 26 de maio, producirase en Muxía o I Encontro Muxía-Calatayud, un evento turístico co obxectivo de recuperar a vinculación histórica entre os dous municipios, tendo como punto de unión os secadeiros de congro de Muxía.

Nas datas sinaladas desprazaránse ata Muxía un amplo número de asociacións de Calatayud que traerán unha mostra do seu folclore e gastronomía, da que é prato estrela os garavanzos á bilbilitana, preparados con congro curado muxián.

I é que se ben en anos anteriores, xa houbera contacto institucional dos dous concellos en FITUR, onde o Alcalde de Muxía, Félix Porto, presidiu unha delegación do municipio que presentou unha ruta dos secadoiros de congro pola vila de Muxía, xunto cun folleto divulgativo da mesma, elaborado de forma coordinada co municipio de Calatayud. Este foi o punto de partida para un proxecto que pretende promocionar o intercambio cultural e turístico entre ambas localidades.

Esta visita de Calatayud a Muxía é a primeira dun intercambio que, se agarda, permita disfrutar da grande riqueza patrimonial e gastronómica de ambos municipios.

Unidas polo congro seco

Muxía e Calatayud están unidas por algo emblemático como é o congro seco. Tras este peixe curado artesanalmente en Muxía, e degustado como prato típico en Calatayud, atópase unha razón histórica. Antigamente en Calatayud manufacturábanse cordas para barcos que posteriormente poñían rumbo aos distintos portos para comercializalas. Estas cordas pagábanse en especie con congro curado. Por iste motivo, este peixe está tremendamente arraigado na cultura culinaria da zona.

Hoxe é Muxía o único lugar onde se conserva o sistema artesanal de secado do congro, que logo é exportado a lugares de España e de todo o mundo. Por iso podemos afirmar que o congro emblemático da cociña bilbilitana é o congro de Muxía.

Completo programa de actividades

Dende os dous concellos preparouse un programa de actividades que se poderán disfrutar durante os días do encontro, o http://www.concellomuxia.com/ga/web/index.phpConcello muxián ofrecerá aos visitantes rutas guiadas, unha visita guiada aos secadeiros, degustación gastronómica , folclore e arte.

O xoves 23 sairán dende Calatayud para chegar o venres 24 a primeira hora da mañá. Ás 11:00h terá lugar a recepción no acto institucional no Concello, onde se inagurará a exposición de fotografía Calatayud- Muxía, do fotógrafo muxián Xesús Búa e fotógrafos de Calatayud. A mañá rematará cunha ruta por Muxía, igrexa parroquial, mirador do Corpiño, A Barca, A Pel, e Museo do Voluntariado.
Pola tarde comezan as actividades arredor do congro, cunha visita guiada a un secadeiro de congro con demostración. Haberá un paréntese para recibir a un grupo de ciclistas de calatayud, e farase unha escenificación da chegada de bicicletas representando aos “sogueros”.
E xa a partir das 19:30 toca lecer da man do Folclore de Calatayud, cun espectáculo no paseo marítimo de canto e baile de jotas de Calatayud. Ás 21:00h, degustación popular de pratos de Muxía no paseo marítimo.

O sábado 25 de maio comezará a partir das 13:00h coa recreación no paseo d0 oficio tradicional da elaboración das sogas e degustación de garavanzos á bilbilitana, doces, viños D.O. Calatayud e froitas de Calatayud. Pola tarde, os visitantes achegaranse ata Touriñán e ás las Caldeiras do Castro, dous dos tesouros naturais do concello muxián. De volta á vila da Barca estaranlles esperando os cabezudos, que abrirán a tarde de folclore, desta volta, da casa, coa actuación das Pandereteiras de Muxía e a banda de gaitas Xaramiños do Corpiño no paseo marítimo.

Ese día haberá tamén unha ruta en bicicleta Muxía- Fisterra-Muxía na que participarán os clubes ciclistas de Calatayud e Muxía.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte