Martes. 30.04.2024
El tiempo

Para disfrutar de Muxía cos 5 sentidos

Para disfrutar de Muxía cos 5 sentidos
Presentacion de Muxia Caminando Cara o mar

Onte, dábase a coñecer publicamente a iniciativa de turismo experiencial “Muxía. Camiñando cara ó mar”. Unha proposta que pretende resaltar os recursos mariños do Concello de Muxía a través dos cinco sentidos.

“O tempo segue pasando, as pegadas no camiño nunca rematan”. Con este suxerinte lema presentábse onte no Salón do Voluntariado. O alcalde Félix Porto, facía de mestre de galas repasando as liñas do proxecto, que busca "dar a coñecer Muxía como un destino turístico artellado arredor dos recursos mariños e pesqueiros da vila e do que gozar cos cinco sentidos. Ao mesmo tempo, tamén pon en valor a gastronomía, a súa singular biodiversidade e orografía, así como outros recursos locais nunha zona cun gran potencial para os deportes náuticos-recreativos ou o ocio cultural".

E se xa estivemos ás diferentes accións formativas aos hostaleiros, onte se puña en marcha outro dos focos do proxecto, un antigo contedor de transporte marítimo transformado nun novo espazo de recepción de visitantes dá a benvida aos turistas que se achegan á vila da Barca. Un espazo informativo que non conta cun guía senón que a través de vídeos e folletos, os visitantes poden informarse eles sós.

Ademais unha nova web, vídeos, rutas 2.0 xeorreferenciadas, novo material promocional e a posta en valor do cabo Touriñán, son algúns dos atractivos que esta iniciativa pon en valor.

Un antigo contedor marino convirtese hoxe na porta de entrada aos visitantes de Muxia

Nova web 2.0

Todas as accións desenvolvidas están dispoñibles no novo site www.caminandocaraomar.com, presentado en galego, castelán, inglés, os tres idiomas oficiais nos que se realizaron todas as accións do proxecto. Este é un gran espazo virtual accesible as 24 horas do día, os sete días da semana. Deste xeito, grazas ás ferramentas TIC, os usuarios poden achegarse a Muxía en calquera momento, desde calquera lugar do mundo e incluso compartir nova información, as súas experiencias ou expectativas xa que o site está conectado coas redes sociais máis populares como Facebook, Twitter, Flirck, Panoramio ou a rede especializada en viaxes TripAdvisor. En concreto, na páxina de Facebook "Camiñando cara ó mar" mantense desde marzo pasado un intenso intercambio de información cunha comunidade que case chega ao milleiro de fans.

Rutas sensoriais

Facendo honor ao nome do proxecto, actualizáronse e xeorreferenciáronse tres rutas existentes para coñecer o territorio paso a paso, camiñando. Son a Ruta da Vila, a Ruta Muxía–Touriñán-Nemiña e a Ruta Muxía–Moraime-Os Muíños. Nos tres itinerarios colocáronse un total de 14 placas QR que, con só un teléfono intelixente, dan acceso a outras tantas audioguías e a unha serie de contidos multimedia cos que ampliar a información no punto de interese no que se atopa o visitante para interpretar o que está a ver.

A través da nova web e dunha canle propia en YouTube accédese aos cinco novos vídeos creados para contar diversos aspectos do territorio como a súa historia e o seu patrimonio, a singularidade de Touriñán, a atracción que supón Muxía para recoñecidos artistas plásticos ou a fama internacional da praia de Nemiña como excelente escenario para a práctica do surf. É a propia xente de Muxía, ou outros personaxes vinculados á vila, quen en primeira persoa dan testemuño da riqueza do territorio.

Traballo en rede

Outra das accións que se levou a cabo foi a creación dunha Rede Turística formada por preto de cincuenta axentes locais do sector hostaleiro local e outros servizos complementarios que actuarán como prestadores de servizos para o turista e o visitante, pero tamén como prescriptores deste novo produto. Neste sentido, durante o desenvolvemento do proxecto impartíronse 9 sesións formativas sobre aspectos claves como a xestión dun negocio turístico, a optimización de menús ou o aproveitamento dos recursos gastronómicos propios: o peixe do mar de Muxía a as algas. Os participantes nestes cursos recibiron onte o seu diploma de asistencia.

“Muxía. Camiñando cara ó mar” quere ser tamén un proxecto que fortaleza a competitividade do sector pesqueiro ao buscar una maior demanda dos produtos do mar de Muxía.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios