O PP de Muxía tamén culpa ao goberno municipal das consecuencias do temporal

Unha das pontes que colapsou en Muxia co temporal

Ao igual que fixo o PP en Vimianzo, o grupo da oposición vén de culpar ao goberno municipal de Muxía da gravidade das conseciencias do temporal desta pasada fin de semana. O PP muxián, que esta semana se colocaba de lado da Xunta, e non das familias, sobre o asunto do servizo de pediatría, “culpa directamente da grave incidencia da tormenta do pasado sábado á falta de mantemento de infraestructuras que presentan un mal estado de conservación e que, por iso, non soportaron o envite das augas”.

A voceira popular Sandra Vilela, volve criticar a “deixadez” e “incompetencia” do goberno. Ademais acusa ao alcalde socialista Félix Porto de “botar balóns fóra” para non recoñecer a súa implicación directa, e lamenta que Porto “xogue a ‘trileiro’ intentando ocultar que a Xunta resolveu con celeridade as incidencias acontecidas nos viales que eran do seu titularidade. Pola contra, e pese a que é da súa competencia, o goberno local eludiu calquera tipo de acción nos viais dos que é responsable a administración municipal”.

“Política de crispación”

Por todo o acontecido e tras ver o cariz político que se quixo dar aos danos causados polo fenómeno meteorolóxico, desde o PP de Muxía desexan facer patente o seu “malestar” e “rexeitamento” ante unhas actitudes que, afirman, “en nada contribúen a buscar solucións e si a xerar crispación e confrontación”. “Se en verdade quérese colaboración e solucións, o normal será contar con todas as administracións, o que inclúe á Diputación, pero, visto o visto, o único interese real é o político e intentar atacar á Xunta como única vía para intentar distraer a atención do verdadeiro culpable: o seu deixamento e ineficacia”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-temporal-de-chuvia-deixa-numerosas-incidencias-na-comarca/ https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-vimianzo-culpa-ao-concelllo-das-riadas/ https://quepasanacosta.gal/sandra-vilela-inicia-unha-rolda-de-contactos-cos-vecinos-de-muxia-para-exponer-o-plan-do-pp/