As obras da rotonda de acceso ao Parador de Muxía rematarán antes de Semana Santa

A veciñanza da zona xa ten protestato pola tardanza destas obras da nova rotonda da estrada provincial DP 5101 de Muxía a Touriñan, que lles obriga a dar un rodeo de 3-4 km. Pero é que levan en marcha dende outubro-novembro, e ademais estiveron paradas dende Nadal.

Hoxe a Deputación anuncia que as obras están xa moi avanzadas e quedan pendentes os traballos de pavimentación e pintado para os que é necesario que as condicións climatolóxicas sexan boas, polo que prevé rematar as obras pola costa antes da Semana Santa.

Técnicos do departamento de Vías e Obras da institución provincial estiveron estes días supervisando os traballos, que xa se atopan nunha avanzada fase de execución,  aínda que quedan pendentes as tarefas de pavimentación, pintado e outros de remate, para os que son necesarios varios días consecutivos con boas condicións climatolóxicas.

As obras, financiadas pola Deputación, supoñen un investimento de 404.295 euros.