Venres. 03.05.2024
El tiempo

A veciñanza toma o mando ante o abandono municipal e arranxa as súas pistas

  • A veciñanza de Lourido e Nemiña critican o estancamento das obras da rotonda de Lourido
Tractor John Deere Muxia
A veciñanza toma o mando ante o abandono municipal e arranxa as súas pistas

Fartxs de esperar, a veciñanza de Muxía púxose esta semana mans á obra para arranxar estradas e pistas que levan tempo esfoladas. A falta de mantemento viario provoca que estradas como a que une Agranzón a Agrodosío, a de Vilar a Añobres, a de Castelo a Senande ou a xa denunciada pola veciñanza- estrada de Vilachán, estean nun estado lamentable, 

A pesar de seren aprobadas varias mocións, presentadas polo BNG, para a súa reparación, pasan os meses e nada se fixo. Nas fochancas, os coches rebentan as rodas ou danan o carter, motivo de reclamacións ao concello, ou de que a veciñanza, se non chama a policía municipal ou garda civil, teña que asumir as reparacións.

Obras vecinas Muxias

Así, ante esta situación, en Cibrán uns veciños arranxaron como puideron un camiño intransitable e que o concello non lles daba arranxado. 

Veciños de Figueiroa tamén contaron que xa acometeran reparacións de pistas pola súa conta.

Paralelamente os veciños de Nemiña queixáronse ao BNG de que a estrada que vai a Vilela de Nemiña está intransitable, con tramos mesmo sen aslfato. 

Criticas pola rotonda de Lourido

Mentres, a veciñanza da zona de Lourido critican a parálise das obras da rotonda de Lourido, que leva estancada dende antes de Nadal, e aínda non se retomaron as obras, obrigando aos veciños a dar unha volta de 3 ou 4 km. 

Comentarios