Operativo de Salvamento en Nemiña ao aparecer unha carta de despedida no areal
23 de abril de 2022 (10:22 h.)
Aparecía na tarde de onte este singular altar na praia de Nemiña, cnhas botas, unhas rosas e unhas cartas de despedida. Un particular chamaba ao 112, que mobilizaba á embarcación e o helicóptero de Salvamento.
A Garda Civil, que formou parte do operativo coa Policía Local e Protección Civil, non descarta ningunha hipótese, se ben pode ser unha carta de despedida dalgunha persoa que se quería suicidar, ou ben dunhas persoas que viron despedir algún achegado que falecera no areal muxián.