O Parador acolle unha nova xuntanza do Grupo Galego de Cancro de Mama
Os días 11 e 12 de abril terá lugar no Parador de Muxía o IV Reunión Anual do Grupo Galega de Cancro de Mama. Como en anos anteriores, está coordinado polo doutor Jesús García Mata, presidente da Sociedade Galega de Oncoloxía, e trátase dun encontro no que, nun ambiente de proximidade e traballo colaborativo, oncólogos galegos, expertos no tratamento sistémico do cancro de mama, revisarán e actualizarán aspectos relevantes desta patoloxía.
A reunión consta de 4 mesas, comezando polas controversias que se pode presentar cando hai varios dous enfoques de tratamento diferentes en resposta a un caso clínico.
Haberá outro panel de revisión e consenso, no que se revisan as posibles liñas de tratamento actualmente dispoñibles para acordar un algoritmo terapéutico que inclúa e priorice as diferentes opcións.
Por último, un cuarto panel denominado Mesa de Residentes: Premio Manuel Ramos Vázquez, no que tres residentes en Oncoloxía da nosa Comunidade Autónoma presentarán e debaterán casos clínicos previamente seleccionados, co obxectivo de outorgar o premio á mellor presentación.