Cee, Coristanco e Vimianzo únense á "rede de apoio imprescindible" dos novos Clubs de Saúde da Asociación Español Contra o Cancro

Este pasdo xoves, a Asociación Española Contra Cancro na Provincia da Coruña presentou a nova edición dos seus Clubs da Saúde. Trátase dun programa de intervención sociocomunitario destinado a zonas rurais e dirixidas a promover a saúde integral dos enfermos de cancro e familia en todos os seus ámbitos.
A primeira edición a iniciativa xa contaba con Coristanco (ademais de As Pontes de García Rodríguez, Cedeira, Curtis-Teixeiro, Melide, Boimorto e Rianxo), e de cara a esta segunda edición -que arrincará o 31 de marzo- sumáronse Cee e repite Vimianzo.
O obxectivo dos Clubs de Saúde é mellorar a saúde física, emocional e social, benestar social de enfermos de cancro, superviventes e familiares, ademais de facilitar acceso a diferentes recursos -o que é máis complicado nas zonas rurais lonxe dos núcleos urbanos.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, afirmou que “para o noso Concello o é un verdadeiro orgullo e pracer participar en iniciativas coma esta, que poñen o foco de atención non o benestar das persoas. Con estes clubs conseguimos crear unha rede de apoio imprescindible para que as persoas afectadas e as súas familias saiban que non están soas".
Os participantes acudirán aos Clubs de Saúde unha vez á semana ata novembro a obradoiros de 75 minutos. Neles abarcarán diferentes materias, como alimentación saudable, actividade física, hixiene do sono, xestión emocional e autocoidado, abordando os medos, actividades culturais e de lecer para grupos, así como ofrecer información sobre asuntos sociolaborais, entre outros. As sesións serán coordinadas por un equipo de profesionais e voluntarios da Asociación Española Contra o Cancro, e en doutras institucións.
Unha vez rematado o programa, os profesionais supervisarán o progreso participantes para coñecer o estado físico e emocional de cada un deles despois da intervención.
Como os demais servizos que ofrece a Asociación, a participación no proxecto é totalmente gratuíto, previa derivación dos médicos de familia de centros de saúde, servizos sociais do Concello, voluntariado da Asociación, ou chamando ao número gratuíto 900100036.