Pazos de Merexo estará no Festival de Cans

Non para o bo de Pazos de Merexo. Parece que Kepa Junquera conseguíu reemprender a carreira musical do acordeonista máis auténtico da Costa da Morte e probablemente de toda a península, e se non que llo pregunten ao bo de Kepa, un completo admirador da naturalidade do muxián.

A seguinte parada deste curioso dúo, que demostra o apego á terra deste artista internacional, será no IX Festival de Cans. Alí, no Jaliñeiro, Kepa presentará o seu disco Galiza, ese que veu entregarllo en man a Merexo a Pazos e ao seu neto. E ademais, disfrutarán da premier da curta documental De Merexo a Kepa, dirixida por Susana Sotelo e Iria Lema e producida polo propio Festival.

Efectivamente, Pazos, como protagonista da documental que conta o día que Pazos de Merexo saiu da súa aldea da Costa da Morte para tocar ao lado de Kepa Junkera ante preto dun millar de persoas no Pazo da Cultura de Pontevedra, e do que aquí temos un pequeno repaso:


E aquí, na TVG:

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte