Pepita, a primeira voluntaria do Prestige
23 de abril de 2012 (10:15 h.)
Trala orixinal posta de longo en barco da campaña de agradecemento Galicia en Color, comezamos hoxe unha serie de historias deses heroes anónimos, deses voluntarios que viñeron limpar as nosas praias, e que conseguiron cambiar o negro do chapapote e o branco dos monos polas mil cores que locen xa nas nosas praias. E o facemos o mesmo día que se presenta a campaña Save the Beach de Coronita, cun trailer da documental de Isabel Coixet.
Unhas historias cheas de sentimento, que saen do corazón, i é que ademais de cambiar mil cousas na forma de entender o mundo ás xentes da Costa da Morte e de toda galicia (se cadra non o suficiente), para eles mesmos, formar parte da marea branca foi tamén un completo cambio nas súas vidas. Dende aquela non son os mesmos.Nin nós! Un milón de gracias!
Pepita, a primeira voluntaria
Máis información
Novas relacionadas
- O Faro Fisterra ilumínase para dar as gracias aos Voluntarios.
- A Costa brindou o primeiro agradecemento público aos voluntarios con Encaixe.
- Os voluntarios vestiranse con monos brancos e de encaixe.
- A marea branca xa ten comunidade na rede.
- Máis amor escolar escolar para a marea branca.
- Os cativos do CEIP Vilarmide únense á campaña Galicia en color para chamar a atención dunha famosa.
- A Feira Xantar acolleu unha nova posta de longo da campaña Galicia en color.
- Galicia en color, en marcha a homenaxe necesaria aos voluntarios do Prestige.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).