As obras de renovación da nave de xeo da confraría de Muxía estarán rematadas en xullo
25 de xuño de 2024 (07:43 h.)
Visita institucional onte ao porto de Muxía, para comprobar a posta en marcha da renovación da envolvente da nave de xeo. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia nviste 157.000 euros nuns traballos que consisten na reposición integral da fachada e a cuberta da nave, mellorando a súa impermeabilización e evitando filtracións de auga do exterior.
O proxecto atópase en fase moi avanzada e o fin de obra está previsto para o vindeiro mes de xullo. A actuación inclúe, ademais, a substitución das
carpinteirías, incluíndo portas, portalóns, fiestras e rexas. Tamén se renovarán as baixantes e executarase un saneamento soterrado ata a rede de pluviais.