Mércores. 23.10.2024
El tiempo

As obras de renovación da nave de xeo da confraría de Muxía estarán rematadas en xullo

conselleiro visita nave de xeo Muxía Confraria
As obras de renovación da nave de xeo da confraría de Muxía estarán rematadas en xullo

Visita institucional onte ao porto de Muxía, para comprobar a posta en marcha da renovación da envolvente da nave de xeo.  A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia nviste 157.000 euros nuns traballos que consisten na reposición integral da fachada e a cuberta da nave, mellorando a súa impermeabilización e evitando filtracións de auga do exterior.

O proxecto atópase en fase moi avanzada e o fin de obra está previsto para o vindeiro mes de xullo. A actuación inclúe, ademais, a substitución das
carpinteirías, incluíndo portas, portalóns, fiestras e rexas. Tamén se renovarán as baixantes e executarase un saneamento soterrado ata a rede de pluviais.

conselleiro visita nave de xeo Muxía

Comentarios