Rescatan unha muller que caera na súa vivenda

O suceso aconteceu na Rúa Eduardo Pondal

Tiveron que colarse polo balcón dun 2º piso os Bombeiros de Cee para socorrer unha muller que caera dentro da súa casa en Muxía. O suceso acontecía este sábado ás 20:25h, cando a muller pedía axuda ao caer. Pero ao ter as chaves postas por dentro, os Bombeiros tiveron que acceder, gracias á colaboracion dun veciño, polo balcón, rompendo o cristal da porta de dito balcón.

Ao entraren xa se atoparon coa señora deitada, que non era quen de erguerse, polo que abriron aos servizos sanitarios do 061 que a trasladaron ao Hospital de Cee.