Rescatan en plena madrugada ao tripulante dun veleiro encallado no Cabo Touriñán
07 de xuño de 2024 (11:17 h.)
Esta pasada madrugada, arredor das 2:00h da madrugada un veleiro que navegaba polo Cabo Touriñán sufría unha vía de auga e encallaba nas rochas. O tripulante lanzaba a alarma a Salvamento Marítimo e saltaba ao mar.
O 112 informou a Urxencias Sanitarias, Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil e agrupación de voluntarios de Protección Civil de Muxía, ademais do helicóptero de rescate Helimer, e a embarcación Salvamar Altai. Foi precisamenterte a embarcación de Salvamento Marítimo a que conseguía salvarlle a vida ao tripulante, que o trasladou ao porto de Camariñas. Unha vez en terra foi atendido por persoal sanitario e, aínda que aparentemente estaba en bo estado, foi trasladado en ambulancia ao Hospital de Cee.