Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Rescatan en plena madrugada ao tripulante dun veleiro encallado no Cabo Touriñán

Vista do mar dende o Cabo Tourinan
Vistas do mar bravo dende o Cabo Touriñán
Rescatan en plena madrugada ao tripulante dun veleiro encallado no Cabo Touriñán

Esta pasada madrugada, arredor das 2:00h da madrugada un veleiro que navegaba polo Cabo Touriñán sufría unha vía de auga e encallaba nas rochas. O tripulante lanzaba a alarma a Salvamento Marítimo e saltaba ao mar.

O 112 informou a Urxencias Sanitarias, Servizo de Gardacostas de Galicia, Garda Civil e agrupación de voluntarios de Protección Civil de Muxía, ademais do helicóptero de rescate Helimer, e a embarcación Salvamar Altai. Foi precisamenterte a embarcación de Salvamento Marítimo a que conseguía salvarlle a vida ao tripulante, que o trasladou ao porto de Camariñas. Unha vez en terra foi atendido por persoal sanitario e, aínda que aparentemente estaba en bo estado, foi trasladado en ambulancia ao Hospital de Cee.

Comentarios