Terra Atlántica pon en valor a gastronomía de 9 romarías da Costa da Morte

Acolleu o IES Ramón Caamaño de Muxía unha Xornada de Exaltación Romarías Costa da Morte. Unha campaña artellada plo GDR Costa da Morte a través da Marca de territorio "Terra Atlántica", que trata de poñer en valor as nosas festas tradicionais e a nosa gastronomía singular; unha acción que trata de reforzar a identidade e consolidación da Costa da Morte e do traballo en rede de sectores centrais no territorio como son o agro, a artesanía e o seu patrimonio cultural.

Unhas 30 persoas, entre responsables técnicos e políticos dos diferentes Concellos, así como representantes das Comisións de Festas, recolleron a testemuña de promover as festividades locais tendo en conta o produto alimentario de proximidade e a artesanía local, así como a importancia da implicación dos profesionais da restauración.

9 romerías, 9 propostas gastronómicas

As 9 das Romarías da Costa da Morte escollidas para a campaña son: Laxe (Festa do Peñón), Coristanco (San Adrián de Verdes), Zas (Sta. Margarita de Muíño), Dumbría(Festa da Familia), Cee (Virxe da Xunqueira), Corcubión (Saber de aldea), Fisterra (Festa do Longueirón), Mazaricos (Virxe do Monte) e Carnota. 
Para a presentación e degustación destas propostas gastronómicas deseñouse unha edición limitada de elementos artesanais promocionais de pano de liño do artesanado local coa imaxe das romarías ou festividades de cada localidade.

As bolsas das 9 romarias da Costa da Morte creadas na campaña

E para poñelas en valor o propio profesorado e o alumnado da rama de FP de Hostalería do IES Ramón Caamaño elaboraron 9 propostas gastronómicas novas ou complementarias ás existentes baseadas nas Romarías da Costa da Morte, e en propostas que combinen a tradición e a
innovación gastronómica.

 

Cos resultados da xornada, dende o GDR Costa da Morte, elaborarase un dossier coas diferentes propostas gastronómicas para súa divulgación.