Títeres Alakrán trae a Muxía o seu Pekeno Kabaret de Tolos

Antes do esperado Samaín, a música e o humor chegan a Muxía co espectáculo familiar Pekeno Kabaret de Tolos, de Títeres Alakrán. Toca cita no marco do ciclo “Outono en Escena”, organizado polo Concello de Muxía coa colaboración da Rede Cultural da Deputación.

O sábado 25 de outubro, ás 18:00 horas, no Salón do Voluntariado, representarase o espectáculo Pekeno Kabaret de Tolos, da compañía Títeres Alakrán. Un kabaret de marionetas onde as grandes estrelas da música volven cobrar vida nunha función chea de humor, improvisación e boa enerxía.

Sobre o escenario, Ella Fitzgerald, Jimi Hendrix, Camarón, Montserrat Caballé e moitas máis figuras da historia da música desfilan baixo a mirada tola e divertida de Borxa Insua, creador e intérprete da peza.
Pensado para público infantil e familiar, Pekeno Kabaret de Tolos é unha celebración da música e do teatro, un convite a rir, cantar e deixar voar a imaxinación. A entrada é gratuíta ata completar aforo.