Un Plan de Protección para o entorno da Barca en Muxía

O BNG de Muxía leva anos pedindo un plan de protección para a contorna da Barca, petición que ven de reiterar mediante a unha nota de prensa.
Imaxe: Concello de Muxía "Este espazo", consideran os nacionalistas,  "que sufriu multiples agresións e abandono durante anos", din, precisa desa protección. Neste senso, o vocero do BNG na vila da Barca afirma que  "se ofreceu diálogo ao goberno municipal para consensuar esta intervención e, finalmente, esta oferta de diálogo foi asumida polo alcalde Félix Porto e foron aceptadas algunhas das nosas suxestións" afirma Carlos Fdez. Concheiro, vocero do BNG,  "como a eliminación das farolas do Camiño da Pel e a conseguinte contaminación lumínica e a sinalización utilizando cerámica de Buño para por en valor o noso". Sen embargo, os nacionalistas afirman que "non se aceptou o traslado da “Ferida”, mistura de ignorancia e prepotencia que está a degradar irreversiblemente este espazo centro de cultos milenarios. Cremos que sen a eliminación desta agresión e o redescrubimento das pedras soterradas baixo ela non se pode afirmar que se aposte realmente pola rehabilitación da contorna da Barca". Por esta razón, desde o BNG en Muxía, "voltamos pedir ao alcalde que reconsidere a súa negativa, teña valentía política e retire a “Ferida”. Nese caso contará co apoio firme do BNG".