Un raio incendia o Santuario da Virxe da Barca por Nadal

Esta maña do día de Nadal amencía en chamas. Un raio provocaba un importante incendio no Santuario da Virxe da Barca. As lapas acabaron de contaro co teito e boa parte de interior, que precisamente eran renovados est mesmo ano. O 112 recibía unha chamada de alerta arredor das 8.30 da mañà, para mobilizar numerosos efectivos e intentar sofocar esta grave consecuencia da cicloxénese explosiva. Cando son as 12.00 da mañá o lume segue devastando o interior, e parece que as consecuencias poden ser dificilmente recuperables.
En estas condicións quedaba o Maxestuoso Santuario da Barca tralo incendio que se producia dentro. Unha verdadeira lastima.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).