Un raio incendia o Santuario da Virxe da Barca por Nadal
12:44 25/12/13
Esta maña do día de Nadal amencía en chamas. Un raio provocaba un importante incendio no Santuario da Virxe da Barca. As lapas acabaron de contaro co teito e boa parte de interior, que precisamente eran renovados est mesmo ano.
O 112 recibía unha chamada de alerta arredor das 8.30 da mañà, para mobilizar numerosos efectivos e intentar sofocar esta grave consecuencia da cicloxénese explosiva.
Cando son as 12.00 da mañá o lume segue devastando o interior, e parece que as consecuencias poden ser dificilmente recuperables.
En estas condicións quedaba o Maxestuoso Santuario da Barca tralo incendio que se producia dentro. Unha verdadeira lastima.
Máis información
- Recunchos da Costa: As Pedras da Punta da Barca.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).