Unha persoa ten que ser restacada cunha perna rota das Caldeiras do Castro

As caldeiras do Rio Castro -Foto-Javi Mos Este domingo, arredor das 16:00h, unha persoa que disfrutaba da fermosa paraxe das Caldeiras do Castro, en Trasufre, Coucieiro, Muxía, sufría unha caída e provocándose unha fractura na tíbia e peroné. Chama ao 061 para poder ser trasladado, e Urxencias Médicas solicita a colaboración dos Bombeiros para conseguir rescatar á persoa desta zona de difícil acceso. Coa perna inmbolizada cunha férula, os Bombeiros e os sanitarios, sacan á persoa ferida nunha padiola e a trasladan ata a ambulancia, na que foi trasladada o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/fotodesfeita-o-eterno-abandono-das-caldeiras-do-castro/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-por-que-lle-chaman-as-caldeiras-do-castro/