![As caldeiras do Rio Castro venen moi baixas-Foto-Javi Mos]()
As caldeiras do Rio Castro -Foto-Javi Mos
Este domingo, arredor das 16:00h, unha persoa que disfrutaba da fermosa paraxe das Caldeiras do Castro, en Trasufre, Coucieiro, Muxía, sufría unha caída e provocándose unha fractura na tíbia e peroné. Chama ao 061 para poder ser trasladado, e Urxencias Médicas solicita a colaboración dos Bombeiros para conseguir rescatar á persoa desta zona de difícil acceso.
Coa perna inmbolizada cunha férula, os Bombeiros e os sanitarios, sacan á persoa ferida nunha padiola e a trasladan ata a ambulancia, na que foi trasladada o Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/fotodesfeita-o-eterno-abandono-das-caldeiras-do-castro/
Máis novas
https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-por-que-lle-chaman-as-caldeiras-do-castro/