Viki Rivadulla tece redes en clave de arte e de muller
O pasado venres 22 de marzo a artista muxiá Viki Rivadulla tivo visita na súa exposición "O Meu Mar. Un grupo de mulleres da Asociación de Executivas de Galicia contactou, a través do diario QPC, con ela para solicitar a súa presencia para visitar a mostra que loce no Pazo da Cultura de Carballo.
Viki recibiu a este grupo mulleres traballadoras e emprendedoras, moi activas; e que ademais do seu traballo e a súa vida persoal, preocúpanse de reunirse para coñecerse e coñecer a outras mulleres.
"A verdade é que foi moi bonito falarlle a estas mulleres das outras mulleres que estaban nos cadros, as mulleres do mar, as traballadoras da Costa da Morte, mulleres fortes e traballadoras coma elas", recoñecía Rivadulla. Unha Viki que non ten máis que palabras de agradecemento, entre outras a Mar Eirís, concelleira de cultura de Carballo, que axudou a seguir tecendo redes.
A Mostra percorre a bisbarra
Non para xa e mes de maio a mostra "O meu mar" viaxará ata Malpica.
Máis información
Novas relacionadas
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.
- Viki Rivadulla mira para o seu mar.
- A muxiá Viki Rivadulla expón a súa arte comprometida na rede.
- A mirada de 4 artistas dende Muxía.
Artigos de Viki Rivadulla
- Que é a Sala do Perello?.
- Forza creativa e resistencia na Costa da Morte.
- Novembro.
- Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.
- Por que un Curso de galego aplicado ás Novas Tecnoloxías?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Executivas de Galicia.