Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Viki Rivadulla mira para o seu mar

Viki Rivadulla mira para o seu mar
Viki Rivadulla presenta O Meu Mar en Carballo

Hai case unha década que non expón, pero é que a labor divulgadora desta artista e ao tempo, técnica de cultura do Concello de Muxía, céntrase sempre nos demais. A través da súa relación coa Fundación López Abente, ou simplemente como dinamizadora cultural da zona, Viki artella exposicións, recitais, concertos... E moitas veces aparca a súa arte, pero en breve poderemos disfrutala.

Viki, que ademais é colaboradora desta casa dende a Sala do Perello, xa ten lista a súa exposición na Sala do andar 1 do Pazo da Cultura de Carballo. A inauguración será o xoves, 28 de febreiro, e trátase dunha mostra de pintura e escultura baixo o título de "O meu mar".

O acto de inauguración, que será ás 20:30 horas, será tamén unha mostra da arte poética costeira, na que intervirán ademais os poetas Rosalía Fernández Rial, X. H. Rivadulla Corcón, Miro Villar, Suso Bahamonde e Paco de Tano. Un luxo de amizades e familia, vaia.

A mostra permanecerá exposta ata o 30 de marzo.

Máis información

Novas relacionadas

Artigos de Viki Rivadulla

Fonte

Comentarios