Lucía Pazos e Naira Blanco con David Perez, a exitosa expedidión do Judo Bergantiños en Tenerife Este pasado sábado 15 de decembro, a familia Judo Bergantiños se desprazada á localidade de Granadilla de Abona en Tenerife para participar na Copa de España. Dous deportistas, acompañados de David Pérez acodían a unha cita onde competían co mellor do estado. E os resultados falan moi positivamente da participación bergantiñá, pois Naira Branco conseguíu subirse ao terceiro escalon do podio conseguindo a medalla de Bronce e sumando uns importantes puntos no Ranking Nacional,. Ademais Lucía Pazos, pese a ser Infantil de primeiro ano, conseguiu disputar o combate polo Bronce e aínda que non o conseguiu deixo moi boas sensacións. Hai canteira en Carballo.