150 atletas preparan as zapas para o Triatlón Mar de Muros. Trofeo Iván Raña
29 de maio de 2024 (18:49 h.)
O Concello de Muros acolleu esta mañá a presentación da VI edición do ‘Triatlón Mar de Muros. Trofeo Iván Raña’, que se celebrará este sábado 1 de xuño coa participación de 150 atletas, o número máximo permitido.
A proba comezará ás 17:00 horas na dársena diante do concello e será de 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5,5 quilómetros correndo. “Un circuíto de calidade para o disfrute dos participantes nun entorno moi atractivo para a práctica deportiva”, asegurou o concelleiro de Deportes, Damián Torea.
A alcaldesa, María Lago, amosou a súa satisfacción “polo número de participantes inscritos no triatlón”, convidando á veciñanza “a animar aos atletas polas rúas de Muros”.