Iván Raña arrasa no seu Triatlón muradán para celebrar o seu 40 aniversario
- María González completou, cunha gran remontada, o seu doblete muradán tras vencer tamén o Duatlón
Muros acollía esta pasada fin de semana o II Mar de Muros Tríatlon, chamando este ano Trofeo Iván Raña. E precisamente o deportista galego foi o gran triunfador, dominando a proba de principio a fin protagonizando un auténtico monólogo e levando o título. Mentres en categoría feminina María González (nesta foto) alzábase co ouro nunha remontada tremenda, deixando ca prata Noelia Gómez e a Marta Gil co bronce.
A maxia de Muros, cun circuito espectacular brillou, tanto para os espectadores como para os participantes, que disfrutaron, sobre todo no sector ciclista, dunha beleza paisaxística incrible. Ademais o tempo se mantivo ideal para a práctica deste deporte e auténtico auxe. “Que existan carreiras así con este número de participantes xa é un éxito, recordo cando fai 17 anos só eramos uns 20 ou 30 na liña de saída”, dixo Iván Raña ao finalizar a proba.
Raña xa marcou 20 segundos na natación, e foi na bici onde sacou grandes diferencias. Na carreira a pé, Iván Raña correría sen moito esforzo en solitario e aínda así, batería o récord da proba e situaríao en 57 m 42 s. A segunda praza sería para Brais Otero que fixo unha carreira moi regular, situándose sempre no grupo perseguidor nos 3 sectores. A pouco menos de 10 segundos chegaría Nico Domínguez (gañador no 2018) que ocuparía o último posto do podio. Por último, destacar o 4º posto do muradán Manu Dosil (na foto de abaixo) (CC Muros Tríatlon), que quedara campión do pasado Duatlón.
En feminina, María González foi quen de remontar ata 4 minutos perdidos na natación, sobre todo na carreira a pé, completando ademais o seu doblete muradán despois de vencer o Duatlón.
O fin de festa tivo lugar no Curro da Praza, no que se lle brindou homenaxe a Iván Raña que recibiu unha placa conmemorativa por parte do Concello de Muros, así como a súa sinatura no Libro de Ouro municipal. Asegurouse tamén o seu nome na proba de aquí en diante, e aproveitou para celebrar o seu 40 aniversario.