700 deportistas participan este sábado na VII Carreira Pedestre do Concello de Zas

Un total de 698 persoas formalizaron a súa inscrición na VII Carreira Pedestre do Concello de Zas, no marco do 7º Circuito Correndo pola Costa da Morte, que se disputará este sábado 4 de xuño pola tarde. A praza da Casa do Concello será o punto de saída e de chegada das seis probas que discorrerán por diferentes parroquias do noso municipio.

En canto ás participacións por categorías, a proba con maior participación é a 10K na que están cofirmados 298 deportistas. Séguelle a 3K Contra o Cancro, con 198 participantes; mentras que nas categorías inferiores participarán 200 corredoras e corredores de diferentes idades. O servizo de entrega de dorsais estará operativo a partir das 15:00 horas. Estes son os horarios de saída:

  • 16:30 horas: Benxamín.
  • 16:45 horas: Alevín.
  • 17:30 horas: Absoluta 3K Contra o Cancro.
  • 17:32 horas: Infantil - Cadete - Xuvenil.
  • 18:15 horas: 10K Sénior - M40 - M50.
  • 19:30 horas: Pitufos.

Nesta ligazón podes consultar os percorridos de cada unha das probas.

Máis novas