Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Carreira Pedestre de Malpica regresa o 10 de setembro

v carreira pedestre malpica
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro, presentaron esta semana a proba na Casa do Concello.
A Carreira Pedestre de Malpica regresa o 10 de setembro

Despois de dous anos sen celebrarse por mor da pandemia de coronavirus, regresan a Malpica as probas populares de atletismo coa celebración da V Carreira Pedestre. A cita percorrerá o sábado 10 de setembro as rúas da localidade, co obxectivo de fomentar a práctica da actividade física para acadar unha vida máis saudable.

Entre as novidades deste ano, Noelia Freijeiro destacou que o percorrido terá menos dureza ca outros anos, ao evitar o paso polos chanzos da praia de Seaia. Ademais, inclúense dúas actividades paralelas: a celebración dun concurso de fotografía sobre a carreira pedestre e unha actuación musical na rúa principal, co obxectivo de animar aos e as atletas a desfrutar da localidade unha vez finalizada a proba.

v carreira pedestre

A carreira celebrarase en catro distancias distintas: a proba absoluta, de 10.000 metros de percorrido; as sub-12, sub-14 e sub-16, de 2.100 metros; a sub-10, de 740 metros; e a categoría biberón, de 100 metros. As inscricións poden realizarse desde este mesmo luns nesta ligazón, a través da web championchipnorte.com. Por cada persoa inscrita, a organización doará 1 euro á Asociación Española Contra o Cancro. Os trofeos que se entregarán aos e as deportistas serán pezas de Olería de Buño.

Comentarios