Fermosa xornada a vivida este martes 20 de xaneiro no especatacular percorrido montado na zona verde do polígono industrial de Bértoa. O campionato de Campo a través escolar, na fase local Carballo e Comarcal de Bergantiños acollía nada menos que 758 deportistas de 10 centros de ensino de Carballo, Coristanco, A Laracha e Malpica (CEIP A Cristina, CEIP Bergantiños, CEIP Canosa Rus, CEIP Fogar, CEIP Gándara Sofán, CEIP Nétoma Razo, Ceip Xesús San Luís Romero, CPI Alcalde Xosé Pichel, CEIP Bormoio Agualada, CEIP Ramón Otero Pedrayo e IES Urbano Lugrís).
O evento, organizado polo Concello de Carballo en colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte, superou con alegría e adaptabilidade dos participantes os momentos de chuvia, ofrecendo un exercicio de competitividade sana.