Aroa Blanco e Raúl Ponte subrion ao podio da Copa de España Infantil de Judo
11 de outubro de 2021 (08:52 h.)
Ata Vigo desprazábase unha pequena expedición do Judo Club Bergantiños para disputar este sábado a Copa de España Infantil. A gran protagonista foi Aroa Blanco, que tras unha gran competición conseguiu proclamarse Subcampiona na Copa de España Categoría de -57 quilos.
Tamén en Categoría Infantil o representante masculino costeiro, Raúl Ponte consiguía a medalla de bronce na categoría de -55 quilos.