Arrincou a 1ª División da Liga Galega de Xadrez con 4 equipos costeiros

Imaxe do choque entre Xadrez Cabo Touriñán e Ir Indo

Está en marcha a 1ª División da Liga Galega de Xadrez, na que compiten este curso 4 equipos costeiros. O Xiria de Carballo, o Guillán de Malpica, o Ir Indo de Baio e o Cabo Touriñán de Muxía, por primeira vez nesta categoría tras ascender o pasado curso. O seu grupo complétase con tres equipos de Coruña e cinco de Santiago.

Un fito para os equipos costeiros, que buscan manter a categoría ante o potencial do USC e o Algalia de Santiago, candidatos a gañar a liga.

Cabo Touriñán vs Ir Indo

A Liga dou comezo este sábado, e remata o 20 de maio, con 11 partidos a ida e volta. Na primeira xornada, o Cabo Touriñán, formado con xogadores de Corcubión e Muxía, venceu 3-1 ao cadro baiés do Ir Indo.

Pola súa parte, o choque entre dous equipos veteranos do Xiria e o Malpica rematou cun 1-3 para os malpicáns.

Imaxe do Guillán-Xiria

Novas relacionadas