A barcelonista Lúa Arufe fixo de madriña da Gala do Deporte de Outes

O O Concello de Outes celebrou este sábado 20, no emblemático Pazo do Tambre, a terceira edición da súa Gala do Deporte, un evento que reuniu a preto de 300 persoas vinculadas ao tecido deportivo, social e institucional do municipio.

A velada, presentada por Pablo Ríos por terceiro ano consecutivo, consolidouse como unha cita de referencia para recoñecer o talento, o esforzo e a traxectoria dos deportistas outenses. Recepción institucional e apertura da gala

A madriña da gala foi a futbolista Lúa Arufe Calo (Porto do Son), xogadora do FC Barcelona, que regresaba de París tras facer o seu debut na UEFA Women’s Champions League o pasado mércores.

Lúa Arufe na Gala do Deporte de Outes

Premios e recoñecementos 2025

A partir das 20:00 horas deu comezo a entrega de galardóns, que distinguiu ás persoas e entidades máis destacadas do deporte local durante o último ano. Os premiados foron:

1. Mellor Deportista Outense 2025:

  • Masculino: Sergio Añón, boxeador do SKT Fighters (finalistas: Pablo Gandarela, Hugo Seoane e Sergio Añón)
  • Feminino: Rosa Outeiro, da Escola de Piragüismo Triatlón Outes (finalistas: María Cao e Rosa Outeiro)

2. Mellor Deportista Promesa

  •  Diego Castelo (finalistas: Brais Liñayo, Gabriel Amado e Diego Castelo)

3. Mellor Adestrador/a

  • Pepe Saborido – Escola de Piragüismo e Triatlón Outes

4. Equipo Outense Destacado

  • Veteranos do Club Baloncesto Outes (finalistas: Veteranos CB Outes, Infantís EPT Outes, Premini CB Outes)

5. Mellor Club, Asociación ou Entidade Deportiva

  • Escola de Piragüismo e Triatlón Outes (EPT Outes) (finalistas: Club Atletismo Outes, A Riola Futbolín, EPT Outes)

6. Premio ao Patrocinio e Colaboración co Deporte

  •  Restaurante Pepe do Coxo – O Freixo, Outes

7. Evento Deportivo do Ano

  •  Master Nacional de Futbolín A Riola (finalistas: Trail de Outes, Regata Deputación de Piragüismo, Master A Riola)

8. Mencións Especiais – Toda unha vida adicada ao deporte

  • José Manuel Fernández “Mirás”
  • Domingo Suárez Vilariño “Balón”


A gala contou coa actuación dunha representación da Escola de Música Municipal, dirixida por Manuel Blanco Dosil, que puxo o toque artístico á velada.
 

Máis novas