domingo. 21.12.2025
El tiempo

Estas son as as persoas recoñecidas na Gala do Deporte do Concello de Muros

Foto de familia da Gala do Deporte de Muros
Foto de familia da Gala do Deporte de Muros
Estas son as as persoas recoñecidas na Gala do Deporte do Concello de Muros

Que ben funcionan estas citas nas que os protagonistas son os propios veciños e veciñas. Muros celebraba esta fin de semana a súa Gala do Deporte, cun gran impacto social.

A alcaldesa, María Lago, destacou que o deporte é sinónimo de “saúde, igualdade de oportunidades e cohesión social”, destacando ademais a importancia do deporte local “para fomentar o sentimento de pertenza”.

A lista de persoas gañadoras é a seguinte:

  • Deportista feminina: Alejandra Formoso (atletismo)
  • Deportista masculino: Víctor Ramos (atletismo)
  • Mellor club: URME de remo
  • Promesa feminina: Eva Formoso (trail running)
  • Promesa masculina: Jesús García (trail running)
  • Mellor evento: Trail Cova da Bruxa
  • Especial Veciñanza: Víctor Ramos (atletismo)

Ademais, a Gala tivo Mencións especiais para Félix Rebollido (Trail Cova da Bruxa), Ricardo Rodríguez, pola súa trayectoria vinculada ao fútbol de Muros, e Juan Manuel París, fundador do Club de Remo Muros. E un recoñecemento especial do concello a Eva Val (remeira).

Comentarios